domingo, 31 de diciembre de 2017

martes, 26 de diciembre de 2017

viernes, 22 de diciembre de 2017

É VERDADE QUE OS CONTOS ULEN?



  Os contos poden ulirnos segundo o que nos evoquen. Parece que a memoria, o olfacto e mesmo os sentimentos andan a se relacionar por algún recuncho dos nosos miolos.




Cando xa de grandes volvemos a escoitar, por exemplo,  o conto de Carapuchiña vermella ademais de recordar a voz da persoa que nolo estaba a contar...  que podía ser mamá , papá , a avoa, a profe de infantil... tamén poden chegar recordos do 




imaxen obtida: helloforos.com
ben que ulían as flores do floreiro da sala, o bico de boas noites antes de durmir, a colonia de mamá e sobre todo o recendo da bola que se estaba a cocer no forno e que tan ben sabía facer o  noso avó. 



;  
De ahí que cada conto pode ter o seu  olor

uns, ulen ..

outros tran un cheiro...




con algúns,  chégannos recordos...






...ou aquel recendo  cando pasabas diante da panadería....







...e tantos e tantos aromas que tiran das lembranzas, e que nos transportan a momentos xa vividos.

  Contaba unha muller galega que cando vivía en Madrid,  despois dun día de choiva, ía a un parque preto da súa casa, a ulir a terra mollada. Dicía que con aquel olor revivía fermosas situacións da súa terra e ata  da súa infancia. 




Resultado de imagen de olor a tierra mojada
imaxen obtida do blog "Madre mía del amor hermoso"/i>


;¿Por qué nos gusta el olor a tierra mojada? La ciencia nos lo explica ...


culturainquieta.com/.../
6 jul. 2016 - Lo reconocemos, nos emocionamos cuando olemos la tierra mojada. Nos evoca infancia, campo, libertad, frescura, ¡hasta felicidad! "


imaxen obtida de:eduparvulariafd. blogspot.com



Un grupo de nenas e nenos xogan a recoñecer as
 cousas polo seu aroma destapando un bote ó azar, dando algunha destas respostas:

 -Qué che recorda este olor?
Cando a tía Rosa me dá unha aperta, ule así
Que é o que ule, a tía rosa ou a aperta?
-Todo é un

-Isto ule a café

-Qué recordos che trae este olor?
-Os domingos pola mañá, a casa ule a café e todos almorzamos xuntos, ninguén se vai


-Isto ule a menciña do catarro 
Qué recordos che veñen?
-Estar na cama sen saír a xogar
Son todo malos eses recordos?
-Non, mamá séntase ó meu carón e léeme algún conto
O conto tamén ule a menciña?

-O conto ule a mamá

-Isto cheira  ó meu can cando está todo mollado, ule  mal.
Qué che recorda ese cheiro?
Que te emporca todo cando ven cara a ti. Os cans cando se mollan non ulen ben
Non che gusta o teu can?
-Síii, gústame moito pero mellor xogo con el cando está enxoito
A que ule cando está seco? 

    -ule ben, ule a xogos, a ser amigos, a bicos de can...


  A bióloga Pintos Morales, nun artigo "El aroma de las emociones", dí que un olor é fácilmente asociable coa emoción do momento vivido, creando así un recordo asociado a ese olor.

     Ademáis dese recordo prodúcese unha emoción que nos evoca situcións vividas    

martes, 19 de diciembre de 2017

SON DE VERDADE UNHA CONTADORA DE CONTOS?

ESTA É A MIÑA PRESENTACIÓN: 


Non son unha contadora de contos, este termo gustoume e copieino dun capítulo de  "Contos da tía Sebastiana, que escribín hai algúns anos.   
   O único que sei é que me chamo Chelo, e que gosto de escribir. Empecei esta afección facendo contos personalizados para nenas e nenos da familia, e de familias amigas.
     Un paso adiante e fun creando personaxes imaxinarios, pareceume mais doado que acomodar o conto a quen xa tiña unha pequena ou grande historia.
  


    Aqueles contos quedaron gardados na barriga do ordenador, uns durante anos e outros algo menos, ata que un día quixeron sair 




¡¡¡ESTAMOS CANSOS DE ESTAR AQUÍ DENTRO!!!


               
Non quedaba  outra que tentar de liberalos
¡¡e aquí me tedes quitando de un en un!!


As mellores leccións aprendidas foron de todos os nenos e nenas cós que compartin tantas horas de convivencia,  os seus xogos e a súa imaxinación, foron  de moita axuda .




 estafotofoi obtida de..MASVALESABER

 Son unha mestra de infantil xubilada , e sinto como se herdara ese antigo e fermoso costume  das avoas, ainda sen selo, de contar historias, antes ó carón do lume e hoxe dun xeito mais moderno.O calor da tenrura, non cambia, sempre é o mesmo.



foto escollida da páxina la mente es maravillosa

 O motivo de este blog é compartir estes contos e relatos con quen os queira ler , gustaríame amosar o meu agradecemento a quen visite estas páxinas e deixe un comentario, sempre será ben recibido.

   



Estes son algúns dos contos personalizados que fun escribindo ó longo do tempo, como xa  teñen protagonistas reais, o argumento do conto ven  dado polos seus gustos e personaxes favoritos.
 As ilustracións son coas súas  fotos ou montaxes de situacións familiares. Por esta razón non van ser vistos neste blog.






  Como carezo da habilidade deste "pintor" para ilustrar os contos que escribo, teño que recorrer a outros medios como  baixar fotos publicadas en internet, poñendo sempre a súa procedencia, ou as do meu arquivo persoal.