martes, 19 de diciembre de 2017

SON DE VERDADE UNHA CONTADORA DE CONTOS?

ESTA É A MIÑA PRESENTACIÓN: 


Non son unha contadora de contos, este termo gustoume e copieino dun capítulo de  "Contos da tía Sebastiana, que escribín hai algúns anos.   
   O único que sei é que me chamo Chelo, e que gosto de escribir. Empecei esta afección facendo contos personalizados para nenas e nenos da familia, e de familias amigas.
     Un paso adiante e fun creando personaxes imaxinarios, pareceume mais doado que acomodar o conto a quen xa tiña unha pequena ou grande historia.
  


    Aqueles contos quedaron gardados na barriga do ordenador, uns durante anos e outros algo menos, ata que un día quixeron sair 




¡¡¡ESTAMOS CANSOS DE ESTAR AQUÍ DENTRO!!!


               
Non quedaba  outra que tentar de liberalos
¡¡e aquí me tedes quitando de un en un!!


As mellores leccións aprendidas foron de todos os nenos e nenas cós que compartin tantas horas de convivencia,  os seus xogos e a súa imaxinación, foron  de moita axuda .




 estafotofoi obtida de..MASVALESABER

 Son unha mestra de infantil xubilada , e sinto como se herdara ese antigo e fermoso costume  das avoas, ainda sen selo, de contar historias, antes ó carón do lume e hoxe dun xeito mais moderno.O calor da tenrura, non cambia, sempre é o mesmo.



foto escollida da páxina la mente es maravillosa

 O motivo de este blog é compartir estes contos e relatos con quen os queira ler , gustaríame amosar o meu agradecemento a quen visite estas páxinas e deixe un comentario, sempre será ben recibido.

   



Estes son algúns dos contos personalizados que fun escribindo ó longo do tempo, como xa  teñen protagonistas reais, o argumento do conto ven  dado polos seus gustos e personaxes favoritos.
 As ilustracións son coas súas  fotos ou montaxes de situacións familiares. Por esta razón non van ser vistos neste blog.






  Como carezo da habilidade deste "pintor" para ilustrar os contos que escribo, teño que recorrer a outros medios como  baixar fotos publicadas en internet, poñendo sempre a súa procedencia, ou as do meu arquivo persoal.


7 comentarios:

  1. ¡Y finalmente vio la luz! Me encanta tu tesón, tus ganas y tu determinación para que este blog tomara forma, aunque costara algo más de lo previsto. Pero sobre todo me encantan tus historias y tu forma de contarlas. No lo dejes nunca.

    ResponderEliminar
  2. gracias Nieves , tu comentario me dá energía para seguir con mis historias

    ResponderEliminar
  3. Benquerida Chelo, non sei a que ule un conto, pero sí sei que os teus contos ulen á paixón e ao amor que pos en todo aquelo que fas. Parabéns!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. graciñas Loly, como sempre dándome ánimos para vencer algúns obstáculos ainda que non sexan da miña talla

      Eliminar
  4. Muy buen comienzo chelo. Habrá que seguirte. besosssss

    ResponderEliminar
  5. Enhorabuena Chelo. Te deseo mucho exito con tu blog !! Un abrazo, Montse

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. graciñas Montse, de momento confórmome con gozar con escribir algún conto

      Eliminar